InicioSociedadeNova convocatoria do Campus de Lugo con 28 prazas de prácticas en...

Nova convocatoria do Campus de Lugo con 28 prazas de prácticas en empresas do rural galego

A orde de prelación entre solicitantes virá determinada pola respectiva nota media que figure no expediente académico na USC, sempre que tales cualificacións consten en actas en dátaa fin de prazo de presentación de solicitudes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC), situado en Lugo, lanzou unha nova convocatoria cun total de 28 prazas para o seu programa de realización de prácticas remuneradas de ata tres meses de duración en empresas do rural galego.

Trátase da iniciativa ‘Retorna ao rural con Campus Terra’, financiada a través dun convenio asinado entre a USC e a Xunta para o campus de especialización localizado en Lugo. Pódense beneficiar desta convocatoria alumnos matriculados nos últimos dous cursos de titulacións de grao impartidos nas facultades de Ciencias, Formación do Profesorado, Veterinaria, Enxeñaría e Humanidades.

O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto, a través da sede electrónica da USC, ata o 26 de marzo para estudantes das facultades de Ciencias e Humanidades para desenvolver prácticas durante un período de ata tres meses, entre abril e setembro de 2024. Os beneficiarios poderán solicitar o recoñecemento de ata 13 créditos ECTS.

A nova convocatoria deste programa de prácticas remuneradas en empresas e entidades do medio rural impulsada directamente desde o Campus Terra inclúe a oferta de oito bolsas –dúas por cada titulación– para o alumnado dos graos en Nutrición Humana e Dietética, Bioquímica, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais e Xestión Cultural.

As facultades de Veterinaria e Formación do Profesorado, así como a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría fan unha xestión directa da concesión destas prácticas e ofrecerán outras 20 vacantes para o estudiantado dos seus respectivos títulos.

A orde de prelación entre solicitantes virá determinada pola respectiva nota media que figure no expediente académico na USC, sempre que tales cualificacións consten en actas en dátaa fin de prazo de presentación de solicitudes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...