InicioSucesosTres persoas feridas logo dunha liorta entre clans na que se usou...

Tres persoas feridas logo dunha liorta entre clans na que se usou gas pementa

A liorta tivo lugar ao mediodía no Centro Comercial as Termas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres mulleres tiveron que ser atendidas este luns polos servizos sanitarios en Lugo afectadas por gas pementa empregado nunha pelexa entre dúas familias de orixe romanesa.

A liorta tivo lugar ao mediodía no Centro Comercial as Termas e nela víronse implicados varios membros de dúas familias que, segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras, manteñen un enfrontamento e xa protagonizaron outras pelexas. Xunto cos adultos atopábanse varios nenos.

Ademais dos berros e golpes, na liorta empregouse un spray de gas pementa, co que foron asperxidas na cara tres mulleres. Tras ser asistidas por persoas que se atopaban no propio centro comercial, o tres foron atendidas posteriormente por persoal sanitario do 061 e trasladadas ao HULA para valorar o seu estado.

Ata o lugar desprazáronse varias patrullas de Policía Nacional apoiados por axentes de Policía Local.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...