InicioEconomíaO plan de emprego de Xunta e APEHL seleccionará a 100 desempregados...

O plan de emprego de Xunta e APEHL seleccionará a 100 desempregados da provincia

O programa DIMO IV comeza este luns e permitirá integrarse nos empregos máis demandados na hostalaría lucense con formación habilitante e prácticas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 250.000 euros ao programa integrado de emprego DIMO IV, promovido pola Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) do que poderán beneficiarse 100 persoas desempregadas da provincia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do presidente e secretario desta entidade lucense, Cheché Real, presentaron esta iniciativa que combina unha fase de asesoramento e orientación profesional personalizada e outra posterior de formación e prácticas en empresas.

Compromiso de inserción

A iniciativa busca incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas, en particular, daqueles colectivos en situación de exclusión social ou risco de padecela, e tamén de persoas, con disposición para traballar, pero que se atopan con algunha dificultade engadida para atopar emprego, como pode ser a carencia de competencias persoais ou profesionais.

Unha das características máis salientables destes programas integrados de emprego é que levan aparellado un compromiso mínimo de inserción laboral do 30 por cento. A media de inserción acadada a través dos programas integrados emprego impulsados pola Xunta nos últimos anos é do 40 por cento. Ademais, neste caso concreto, polo menos 30 participantes realizarán prácticas laborais durante tres meses en empresas asociadas ao programa e colaboradoras ou socias da APEHL.

Asesoramento, formación e prácticas

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, con participantes da edición anterior | Xunta de Galicia
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, con participantes da edición anterior | Xunta de Galicia

O programa combina unha fase de asesoramento e orientación profesional particular, con outra fase posterior de formación e prácticas en empresas. A selección inicial das persoas beneficiarias corresponde ás oficinas de emprego, polo que os interesados poderán informarse nelas ou ben dirixirse á propia APEHL, que dispón dunha bolsa de emprego propia.

Na fase de asesoramento, o equipo técnico e de orientación elaborará, en conxunto cos participantes, un itinerario de inserción laboral personalizado, e facilitarán os medios máis axeitados para capacitalos e que poidan afrontar con éxito a busca de emprego.

Pola súa banda, a fase de formación desenvolverase, en primeiro lugar, con accións transversais, que permitan aos participantes adquirir unha serie de competencias comúns: coaching laboral, técnicas de busca activa de emprego e de habilitades sociais e outras máis específicas para o sector da hostalería e turismo como idiomas, manexo de novas tecnoloxías, manipulación de alimentos, etcétera.

Tamén se formarán nos perfís profesionais máis demandados pola hostalería lucense, a saber, camareiros de pisos, camareiros de sala, camareiros de barra, axudantes camareiro, e axudante de cociña. O programa achegará a formación específica e os módulos necesarios para obter o correspondente certificado de profesionalidade na especialidade de Axudante de Restaurante-Bar.

O programa Dimo IV desenvolverase desde este luns ata o 31 de outubro de 2019. Para a execución das accións programadas contarase con persoal especializado da APEHL e o apoio das oficinas de emprego da Xunta.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...