InicioEconomíaA parcela do Garañón, os 3.662m2 máis caros de Lugo

A parcela do Garañón, os 3.662m2 máis caros de Lugo

A Parcela do Garañón volve saír a poxa por 10,6 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este luns a oferta na que sae a poxa por 10.665.000 euros a parcela onde se situaba o edificio de O Garañón, nas Costas do Parque da capital lucense.

Segundo detállase no BOE, trátase da parcela resultante ‘A’ do proxecto de distribución da unidade de actuación DS-5 (Costas do Parque) do plan xeral de ordenación urbana de Lugo, na zona máis próxima ás Costas do Parque, de forma irregular, dunha superficie de 3.662 metros cadrados.

O escrito, xestionado polo Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, recolle unha débeda reclamada ao dono anterior de 14.498.887,93 euros. O pasado mes de xuño iniciouse o derrube do edificio do Garañón, nunha zona que o Concello de Lugo ten intención de converter “nun novo pulmón verde” para dar continuidade ao Parque de Rosalía e ás Costas do Parque.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...