InicioMedioambiente e PatrimonioDenegado un parque eólico entre Guntín, Monterroso e Portomarín tras non superar...

Denegado un parque eólico entre Guntín, Monterroso e Portomarín tras non superar o trámite ambiental

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Industria e Innovación denegou a solicitude de autorización administrativa e construción do parque eólico Ligonde-San Simón, que estaba proxectado entre os municipios lucenses de Guntín, Monterroso e Portomarín.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta resolución pola que se arquiva o expediente despois de que este parque non superase o trámite ambiental a comezos de 2023. Este parque eólico estaba impulsado por Enel Green Power España, que aceptou o acordo notificado. Así, cancelouse a garantía depositada pola empresa de 576.000 euros.

A resolución, con data de 20 de decembro de 2023, está asinada polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...