InicioLugo e contornaLugoDetido con máis de 4 quilos de cocaína: o maior alixo na...

Detido con máis de 4 quilos de cocaína: o maior alixo na cidade

Levaba un quilo desta droga oculto nas súas roupas, e nunha bandoleira levaba outro vulto idéntico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, nun operativo no que se incautaron de máis de 4 quilos de cocaína, o maior alixo desta droga intervido na cidade.

Segundo informaron fontes policiais, as investigacións iniciáronse ao ter coñecemento da existencia de movementos sospeitosos na rúa San Roque, que podían facer pensar nalgunha posible actividade ilegal. O dispositivo de vixilancia establecido permitiu interceptar a un home cando se apeaba do seu vehículo. O sospeitoso levaba un quilo de cocaína oculto nas súas roupas, e nunha bandoleira levaba outro vulto idéntico.

Os axentes procederon á súa detención e, ao inspeccionar o coche, atoparon unha ‘caleta’, un agocho oculto no vehículo, no que foron localizados outros dous paquetes de droga. En total, os paquetes pesaron 4,700 quilos de cocaína. O detido foi posto a disposición do xulgado, que decretou o seu ingreso en prisión provisional.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...