InicioSucesosAxentes da Policía Local de Lugo rescatan un mozo empolicado á Muralla...

Axentes da Policía Local de Lugo rescatan un mozo empolicado á Muralla e que tiña risco de precipitarse

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron nun operativo na madrugada deste mércores, para rescatar a un mozo que se subiu a un dos cubos da Muralla e que tiña risco de precipitarse ao baleiro.

Segundo informaron fontes policiais, o 092 recibiu un aviso para acudir á Porta do Bispo Odoario, xa que unha persoa atopábase sentada sobre o muro dun dos cubos da Muralla.

Ao chegar, localizaron a esa persoa, un mozo de 20 anos de idade e, tras tranquilizalo, conseguiron suxeitalo e retiralo do muro. Alí foi atendido polos axentes, que requiriron unha

ambulancia, na que o mozo foi logo evacuado ao HULA, onde quedou ingresado.

Por outra banda, a Policía Local tamén informou dunha intervención, na tarde do martes, nun establecemento da rúa Quiroga Ballesteros, onde unha persoa sentou no chan do local e negábase a levantarse.

Ao chegar, os axentes atoparon a esa persoa, un home en evidente estado de embriaguez, que foi auxiliado e acompañado ao exterior do establecemento, e que non necesitou asistencia sanitaria.

Finalmente, a pasada madrugada a Policía Local de Lugo foi comisionada para trasladarse á rúa Pintor Villamil, onde un home estaba a golpear as portas dos edificios. Ao chegar os axentes, identificaron a un home de 31 anos en estado de embriaguez, que estivera golpeando as portas porque “non podía abrir coas chaves que tiña“. Con axuda dos policías conseguiu identificar a porta do seu domicilio, abrir o portal e acceder á súa vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...