InicioEconomíaA Xunta licita por 20 millóns a obra da nova estación de...

A Xunta licita por 20 millóns a obra da nova estación de autobuses de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta aprobou a contratación das obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo por un importe que rolda os 20 millóns de euros e os que a Administración autonómica asume o 65% do custo.

Rueda puxo en valor esta licitación para facer realidade unha infraestrutura que cualificou de “estratéxica” para a cidade e que implicará un investimento global de case 50 millóns de euros. Con todo, considerou necesario que estea acompañada dun aumento de servizos de tren e da garantía de que esta cidade estará conectada coa alta velocidade, en referencia tamén ao cumprimento dos tempos de viaxe comprometidos, 3 horas 47 minutos na conexión con Madrid.

“Esperamos que ese compromiso, que xa é moi urxente, sexa certo a partir de agora”, demandou para lembrar que a licitación aprobada este xoves está recollida no convenio “a tres bandas” asinado o pasado día 17 de marzo entre a Xunta, o Concello de Lugo e Adif, no que se fixou que a achega do Goberno galego para o desenvolvemento da nova área do transporte intermodal de Lugo, ascenderá a un total de 12,8 millóns de euros.

Segundo detallou o mandatario galego, a Xunta financia con 8,5 millóns de euros o 100% da construción do edificio de viaxeiros e as dársenas con capacidade para unha vintena de autobuses. En canto ao aparcadoiro, que vai estar xusto debaixo da dársena, contará con 240 prazas e oito máis para persoas con mobilidade reducida. Rueda explicou que a Xunta asumirá o 40% do custo, con 4,7 millóns, mentres que o resto correrá a cargo de Adif.

Deste xeito, a Xunta incrementa nun 50% a contía que ía destinar inicialmente á terminal, xa que agora fai fronte tamén a parte dos custos do aparcadoiro, do que se ía a facer cargo integramente Adif. Rueda avanzou que a previsión é iniciar as obras no ano 2024, de forma coordinada cos traballados da estación do ferrocarril, que lle corresponde executar a Adifl.

ESTACIÓN FERROVIARIA

A intermodal de Lugo complétase coa nova estación ferroviaria, cuxa redacción do proxecto e execución é responsabilidade de Adif. Esta intervención inclúe un novo edificio e un paso interior, que financiará integramente o organismo estatal, cun investimento de 16,1 millóns.

Levará emparellada a construción dun novo paso inferior peonil de cidade entre o centro urbano e o parque do Sacro Corazón, que conectará ambos os lados da canle ferroviaria, incluídos os seus accesos, elementos de comunicación vertical e urbanización asociada. O orzamento destas intervencións ascende a case 11,7 millóns e será financiado nun 60% por parte de Adif e nun 40% polo Concello.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...