InicioSociedadePiden catro anos de cárcere para un home acusado de distribución de...

Piden catro anos de cárcere para un home acusado de distribución de pornografía infantil en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo sentará este venres no banco dos acusados para enfrontarse a unha pena de catro anos de prisión por un presunto delito de corrupción de menores na súa modalidade de distribución de pornografía infantil. A vista terá lugar no Xulgado do Penal número 1 de Lugo, onde se axuizará a responsabilidade do home a quen foron incautados varios dispositivos tecnolóxicos con contido pornográfico infantil tras o rexistro do seu domicilio en 2017.

Os arquivos en cuestión eran compartidos polo acusado, de acordo ao recolleito no escrito fiscal, con outros usuarios a través de aplicacións de mensaxería. Ademais da pena de catro anos de cárcere, o Ministerio Fiscal solicita tamén para o imputado a inhabilitación especial para o desenvolvemento de calquera profesión ou oficio que leve contacto regular e directo con menores durante un prazo de oito anos, así como un período de liberdade vixiada de cinco anos unha vez cumprida a pena.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...