InicioLugo e contornaLugoDetido un pai por darlle unha patada e dúas labazadas ao fillo...

Detido un pai por darlle unha patada e dúas labazadas ao fillo “porque tirara un iogur”

A Policía Local procedeu á detención do proxenitor por un suposto delito de malos tratos no ámbito familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo o mércores a un pai, por un suposto delito de malos tratos no ámbito familiar, despois de darlle unha patada e dúas labazadas ao seu fillo “porque tirara un iogur”.

Segundo informa o corpo municipal, ocorreu pola tarde cando os axentes foron requiridos a través do 092 para acudir á confluencia entre as rúas Río Lor e Quiroga,porque “un home agredira a un neno pequeno e ausentouse do lugar conducindo un vehículo”, do que achegaron o número de matrícula.

Así, tras consultar a súa base de datos, a Policía Local compareceu no domicilio do titular do coche. Alí recibiunos a nai do menor, quen explicou que estaba co seu pai porque o levou a actividades extraescolares. Os axentes acudiron ao lugar onde se desenvolven estas e entrevistáronse cunha das responsables, quen explicou que, cando o neno entrou na actividade, relatoulle que o seu proxenitor “lle pegou porque tirara un iogur”.

Ademais, un das testemuñas detallou que o home dera ao neno unha patada e dúas labazadas. Con toda esta información, a Policía Local procedeu á detención do pai por un suposto delito de malos tratos no ámbito familiar, instruíndose as correspondentes dilixencias para o xulgado. O home recoñeceu que pegara ao seu fillo porque “se puxo nervioso”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...