InicioSociedadeO Arde Lucus 2024 celebrarase do 13 ao 16 de xuño

O Arde Lucus 2024 celebrarase do 13 ao 16 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A XXIII edición do Arde Lucus celebrarase do 13 ao 16 de xuño de 2024. Así llo trasladou o concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, ás 19 asociacións que fan posible esta festa de recreación histórica na capital lucense.

Segundo comunicou o Concello, o edil agradeceu ás asociacións romanas e castrexas que forman parte da organización deste evento o traballo que realizan durante todo o ano, “o seu esforzo e dedicación para recrear con fidelidade” as orixes da cidade.

Así, Bustos avanzou que despois de que o pasado ano obtivésese o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, o consistorio municipal renderá unha homenaxe ás asociacións distinguíndoas coas Medallas de Ouro da cidade.

A entrega deste recoñecemento, a máxima distinción que o Concello concede a entidades ou á cidadanía, terá lugar nunha cerimonia que se desenvolverá o próximo 30 de novembro, no MIHL.

A alcaldesa, Lara Méndez, destacou o alcance “social, turístico e económico” que xera esta festa e explicou que un dos motivos polo cal anuncian as datas con antelacion é permitir que o tecido asociaciativo, os veciños, a hostalaría e o comercio local póidanse preparar e traballar con previsión.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...