InicioEconomíaA Xunta acusa ao PSOE de "bloquear" a autovía da Mariña e...

A Xunta acusa ao PSOE de “bloquear” a autovía da Mariña e anuncia accións no corredor Lugo-Monforte

"A autovía da Mariña continúa a día de hoxe sen un só quilómetro en servizo, sen un só quilómetro en obras e sen un só quilómetro contratado", profundou a conselleira Ethel Vázquez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou este venres no Incio  que o proxecto de trazado para a reconversión en autovía do corredor Lugo-Monforte “está entregado” e acusou ao Goberno central e provincial de “bloquear a execución” en Viveiro dunha variante da Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte.

“A principal razón pola que Viveiro non ten unha variante é o propio Partido Socialista, que leva anos dedicado a bloquear esta actuación desde o Concello e a Deputación”, manifestou Ethel Vázquez, que instou ao candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, a explicar por que o pacto de investidura entre PSOE e BNG non recolle “ningún compromiso sobre a autovía da Mariña”.

“A autovía da Mariña continúa a día de hoxe sen un só quilómetro en servizo, sen un só quilómetro en obras e sen un só quilómetro contratado”, profundou a conselleira, quen tamén indicou que as obras para o desdobramento do corredor Lugo-Monforte disporán dun orzamento de 500.000 euros e unha partida plurianual de 35 millóns en 2024, tendo en conta que o proxecto supere o trámite ambiental.

PREOCUPACIÓN POLA CONSERVACIÓN DA A-6

Ethel Vázquez, que visitou este venres o Centro de Conservación e Vialidade Invernal Lugo Sur, situado no municipio do Incio, mostrou a súa preocupación polo estado de conservación da autovía A-6 e demandou ao Goberno de España a elaboración dun plan integral de conservación da vía, así como un “dispositivo especial e completo” para garantir a vialidad invernal.

Todo iso no marco da presentación do plan de vialidade invernal da Xunta –que se activará o 1 de novembro nas provincias de Lugo e Ourense; e o 15 do mesmo mes en Pontevedra e A Coruña-– para garantir, indicou a conselleira, as condicións de mobilidade e seguridade nas estradas autonómicas “nestes meses de condicións meteorolóxicas adversas”.

O do Incio é un do seis centros de conservación situados na provincia de Lugo –dos 26 con que conta a comunidade– aos que a Xunta de Galicia destinará unha partida orzamentaria en 2024 de 53 millóns de euros, o que representa un incremento, segundo a titular de Mobilidade, dun 8% con respecto ao exercicio anterior.

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...