InicioSociedadeA Xunta dedica un 43% máis ao alumnado rural en Lugo, di...

A Xunta dedica un 43% máis ao alumnado rural en Lugo, di un estudo de Educación, que cita “discriminación positiva”

O conselleiro atribúeo á dispersión xeográfica, pero presume de que os estudantes en toda Galicia teñen "as mesmas oportunidades".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou este luns un informe sobre a situación da educación na provincia de Lugo e destacou a existencia dunha “discriminación positiva” en termos de investimento económico no medio rural con respecto ao urbano “superior ao 43%”.

Rodríguez puxo tamén de relevo que o cociente alumno-profesor nos centros educativos do medio rural da provincia de Lugo é de “un profesor cada nove alumnos”, a máis baixa de Galicia e unha das mellores do conxunto de España; e que os resultados académicos obtidos “teñen unha dinámica semellante” aos do alumnado do ámbito urbano, un indicador, dixo, da “equidade” e a “homoxeneidade” do sistema educativo galego.

Galicia é un distrito único educativo, coas mesmas oportunidades, servizos, programas e resultados, e cun investimento máis importante no medio rural por unha razón de dispersión xeográfica”, sintetizou o conselleiro, para acto seguido precisarque dos 138 centros educativos de Educación Infantil, Primaria e iso que hai na provincia de Lugo, 85 atópanse localizados en contornas rurais, é dicir, aproximadamente un 61% do total.

A proporción de centros educativos en áreas rurais de Lugo, seis de cada dez, é de feito superior á do conxunto da comunidade autónoma, que conta con catro de cada dez centros afastados de contornas urbanas. O investimento medio realizada por alumno nos centros educativos rurais da provincia de Lugo, 11.050 euros, tamén é superior, de acordo aos datos recollidos no informe, á destinada aos alumnos doutras áreas rurais de Galicia, 8.933 euros, así como os investimentos realizados en materia de transporte escolar.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...