InicioSucesosNovas testemuñas confirman o acoso a menores nos colexios de Lugo

Novas testemuñas confirman o acoso a menores nos colexios de Lugo

Policía Local e Policía Nacional descoñecen os feitos e lembran o deber de denunciar para que poidan levar a cabo as investigacións pertinentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous días despois de que LugoXornal abordara por vez primeira o caso de suposto acoso a menores preto de dous colexios da capital lucense, seguen a aparecer comentarios con detalles de episodios recentes e algúns máis antigos. Corroborada a veracidade das primeiras informacións, este xornal comprobou in situ o patrón de comportamento dun home maior que molesta e persegue ás cativas no cruce entre Bispo Aguirre e a avenida Ramón Ferreiro.

Segundo apuntan diversas testemuñas, o individuo levaría anos acosando a nenas e adolescentes na contorna da estación de autobuses e tamén no recinto amurallado. Todas coinciden en sinalar as miradas lascivas e pouco discretas, os comentarios fóra de lugar e de tipo machista –chegando a ofrecer cartos para que as rapazas marchen con el–, e a procura de contacto físico coas xoves que pasan ou quedan pola zona.

Outros comentarios de xente que lle chamou a atención ou sufriu o seu acoso falan tamén  de como supostamente se masturbou diante de dúas mulleres, ou dun pai tivo que intervir cando o varón de avanzada idade tentou tirar da súa filla. Tales extremos non puideron ser confirmados por este xornal.

Malia a recente persecución sufrida polas rapazas do colexio marista A Inmaculada e o instituto Ollos Grandes, na actualidade non existe constancia de denuncias de acoso nin na Policía Local nin na Policía Nacional. Fontes dos corpos de seguridade aseguran que o último caso coñecido é de hai dous anos e polo perfil non pode estar vencellado ao actual. Por outra banda, lembran da obriga de denunciar os feitos para que poidan ser investigados.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

O PP de Lugo celebra o “compromiso” da Xunta coa provincia reflectido nos orzamentos

Os deputados lucenses do PP no Parlamento celebraron o "compromiso" da Xunta coa provincia...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...