InicioLugo e contornaLugo e Ferrol revalidan 23 anos de irmandade aínda que os intercambios...

Lugo e Ferrol revalidan 23 anos de irmandade aínda que os intercambios naceron en 1906

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este sábado ao rexedor de Ferrol, José Manuel Rei Varela con motivo da conmemoración do Día do Ferrol, no marco dos festexos do San Froilán, un acto no que incidiron nas infraestruturas e o financiamento local como eixo de acción das entidades locais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este sábado ao rexedor de Ferrol, José Manuel Rey Varela con motivo da conmemoración do Día do Ferrol, no marco dos festexos do San Froilán, un acto no que incidiron nas infraestruturas e o financiamento local como eixo de acción das entidades locais.

O acto oficial na Casa Consistorial, ao que tamén acudiron os integrantes das dúas Corporacións, así como medio centenar de veciños e veciñas de Ferrol, comezou coa firma de José Manuel Rey Varela no libro de Ouro do Concello.

Durante a recepción, a rexedora lucense lembrou o inicio do irmandamento formal entre as dúas localidades hai máis de dúas décadas, co que se oficializa un vínculo “moito máis antigo que se remonta ao ano 1906″, a través da celebración de diferentes eventos musicais que deron pé ao intercambio de visitas e que despois de 1913 foron xeneralizadas coa entrada en funcionamento do ferrocarril ata estes días.

“Unha longa relación de amizade vehiculada a través da cultura e as infraestruturas públicas. Elementos que constitúen a base da identidade dun pobo e que determinan o seu futuro e as súas posibilidades de crecemento e prosperidade. E hoxe, un século despois, a reivindicación de mellores servizos e dotacións para os nosos territorios segue sendo un fío común entre Lugo e Ferrol, que pomos de manifesto aproveitando esa unión que mantemos e que celebramos a través das festas patronais”, dixo Lara Méndez.

Durante a súa intervención, a rexedora puxo en valor tamén “a orixe loitadora das dúas cidades, representadas co Castelo e coa Muralla, dous símbolos identitarios que permiten lembrar que a ferrolá e a lucense son vilas loitadoras e as súas xentes valerosas”.

Pola súa banda, o rexedor ferrolán dedicou as primeiras palabras da súa intervención para trasladar a súa satisfacción por poder compartir con Lugo estes días de festa, á vez que manifestou un sentimento de gran admiración por Lugo, “que soubo adaptarse aos novos tempos”.

Rey Varela compartiu igualmente as mesmas reivindicacións sinaladas pola alcaldesa “para que as dúas cidades teñan conexións, trazados e velocidades ferroviarias acordes ao século XXI”, á vez que reclamou un maior financiamento para as Administracións locais, “por ser a porta de entrada do maior número de demandas que achega a cidadanía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...