InicioLugo e contornaLugoDetido en Lugo por presuntamente estafar a unha ex compañeira de traballo

Detido en Lugo por presuntamente estafar a unha ex compañeira de traballo

Utilizou fraudulentamente os seus datos do DNI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo en Lugo a un home de mediana idade, veciño da cidade, como autor dun delito de estafa e suplantación de identidade. Os feitos foron postos en coñecemento da Policía Nacional a través da persoa estafada, quen recibiu no seu domicilio un requirimento bancario por falta de pagamento de tres préstamos solicitados a unha entidade crediticia que non foran abonados.

A denunciante manifesta na súa denuncia que ela non solicitou ningún deses préstamos e que, por tanto, cre que está a ser victima dunha estafa. Desta maneira, iniciouse unha investigación, mediante a cal os axentes descubriron que a estafa procede de tres compras nun portal en liña, as cales foron financiadas utilizando os datos da denunciante.

Os investigadores determinan que o autor da ciberestafa utilizaría os datos do Documento Nacional de Identidade da vítima para realizar estas compras, aos que tería acceso por cuestións laborais no pasado.

Unha vez identificado o autor, procédese á súa localización e detención como presunto autor dun delito de estafa e de usurpación de identidade.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...