InicioSociedadeAs racións de polbo subirán de 12 a 14 euros no San...

As racións de polbo subirán de 12 a 14 euros no San Froilán deste ano

A neurocientífica Sonia Villapol será a pregoeira das festas do San Froilán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neurocientífica Sonia Villapol será a pregoeira das festas do San Froilán, onde as racións de polbo pasarán de 12 a 14 euros, mentres que as de ‘cachelos’ farano ata os 2 euros. Así o acordaron os grupos políticos do Concello de Lugo presentes na reunión da comisión de festas, que tamén decidiu que a actriz Melania Cruz sexa a encargada este ano de realizar a ofrenda a Rosalía de Castro.

A comisión aprobou por unanimidade os prezos nas casetas do polbo, que, segundo lembra o goberno local nun comunicado, estaban conxelados desde o ano 2018. Deste xeito, unha ración de polbo de 250 gramos custará 14 euros nas casetas, mentres que unha de ‘cachelos’ terá un prezo de 2 euros, o pan, 1 euro e a botella de viño, 6.

Nada en Bretoña, no municipio da Pastoriza, en 1977; Sonia Villapol é investigadora e profesora no Center for Neuroregeneration do Houston Methodist Hospital Research. Formouse na Universidade de Santiago e na Autónoma de Barcelona e pasou por institucións ocmo o CNRS e o INSERM de París ou a Universidade de Georgetown. O seu traballo está centrado en profunda no coñecemento sobre os danos cerebrais e as enfermidades neurodegenerativas e conta con máis de 70 artigos publicados.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...