InicioSociedadeLugo acolle un congreso internacional sobre feminismos e cultura dos coidados

Lugo acolle un congreso internacional sobre feminismos e cultura dos coidados

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional 'As culturas dos coidados e os feminismos'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC organizará entre o 28 e o 29 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo o Congreso internacional ‘As culturas dos coidados e os feminismos’.

A sesión inaugural arrincará ás 10.00 horas do xoves 28 e dará paso a dúas xornadas de relatorios que profundarán na economía dos coidados, xénero, saúde mental, políticas públicas, sexualidade, traballo doméstico, maternidades en cuestión, ou pedagoxía feminista ecoanimal, entre outros temas, da man de persoal docente e investigador da USC e das universidades de Granada, Sevilla e Estremadura.

Esta actividade, cuxa inscrición pode realizarse ata o día 28 de setembro a través dun formulario en liña, organízase ao amparo do convenio de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...