InicioSociedadeVandalizan un cartel contra a violencia machista na cidade

Vandalizan un cartel contra a violencia machista na cidade

Un dos carteis do Concello de Lugo cos que declara que a cidade está "libre de violencias machistas" apareceu vandalizado este mércores, concretamente coa palabra "machista" tachada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos carteis do Concello de Lugo cos que declara que a cidade está “libre de violencias machistas” apareceu vandalizado este mércores, concretamente coa palabra “machista” tachada.

A alcaldesa da cidade, Lara Méndez, condenou os feitos a través da súa conta de Twitter. “Unha vez máis temos que lamentar un acto vandálico na cidade vinculado co negacionismo da violencia de xénero, ideario no que están instalados os partidos da dereita”, lamentou.

Comentou ademais que “mentres se blanquean este tipo de violencias polo mero feito de ser mulleres, só neste mes de xullo asasinaron a oito mulleres”. “Todo o que non sexa loitar contra a violencia machista é ser cómplice da mesma”, concluía.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...