InicioCulturaPaseo, gastronomía e música este sábado en Friol co GDR-4 e Guido...

Paseo, gastronomía e música este sábado en Friol co GDR-4 e Guido Guía, con máis de 100 inscritos

Primeira xornada viaxeira do programa "Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía", iniciativa promovida polo GDR-4

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro sábado 29 de xullo comeza un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 11 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa. Anunciado xa o mes pasado, sabemos xa as dúas primeiras datas: o vindeiro sábado en Friol, e o 9 de setembro en Guntín.

Este ciclo de actividades lúdico-culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.

A primeira das xornadas viaxeiras comezará na praza Andón Cebreiro de Friol ás 11h00, cun paseo de tres horas de duración que virá precedido dun picnic e música local. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...