InicioSucesosPrisión provisional e sen fianza para o acusado de acoitelar a un...

Prisión provisional e sen fianza para o acusado de acoitelar a un home na fin de semana

Os feitos tiveron lugar o sábado a medianoite nun bar da Rúa Serra de Outes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O maxistrado do Xulgado de Instrución nº1 de Lugo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do detido por acoitelar a un home de 41 anos o pasado sábado nun bar de Lugo. Segundo fontes xudiciais, o home, que foi detido pouco despois de que se producise a agresión, está sendo investigado por un delito de lesións agravadas.

Os feitos sucederon pola noite, sobre ás 23:53 horas na rúa Serra de Outes da capital lucense. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dunha persoa particular que alertaba dun altercado neste punto. Ata o lugar, ademais de persoal do 061, desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Para atender ao ferido, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Básico e persoal sanitario do PAC de Lugo. Posteriormente, a vítima foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...