InicioSucesosDeteñen o presunto autor dunha agresión con arma branca a un home...

Deteñen o presunto autor dunha agresión con arma branca a un home en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo ao presunto autor dunha agresión con arma branca a un home, de 41 anos e iniciais A.F.C., que tivo que ser trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula).

Os feitos sucederon ás 23,53 horas na rúa Serra de Outes da capital lucense. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dunha persoa particular que alertaba dun altercado neste punto.

Ata o lugar, ademais de persoal do 061, desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Para atender ao ferido, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Básico e persoal sanitario da PAC de Lugo. Posteriormente, a vítima foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...