InicioSucesosUn home acaba ferido por arma branca en Lugo

Un home acaba ferido por arma branca en Lugo

Os feitos sucederon ás 23,53 horas na rúa Serra de Outes da capital lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios atenderon a pasada noite a un home, de 41 anos e iniciais A.F.C., con feridas de arma branca tras sufrir unha agresión en Lugo.

Os feitos sucederon ás 23,53 horas na rúa Serra de Outes da capital lucense. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dunha persoa particular que alertaba dun altercado neste punto.

Ata o lugar, ademais de persoal do 061, desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Para atender ao ferido, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia asistencial de Soporte Vital Básico e persoal sanitario da PAC de Lugo. Posteriormente, a vítima foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...