InicioSucesosUn conductor borracho leva por diante un coche aparcado en Lugo

Un conductor borracho leva por diante un coche aparcado en Lugo

Ademais os axentes identificaron a varios condutores cometendo outras infraccións e a unha muller ouriñando na rúa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor que circulaba a gran velocidade, pola Rolda do Carmen, en Lugo, encaixou o seu coche contra outro vehículo que estaba estacionado, e arroxou un resultado positivo en alcoholemia de 0,78 e 0,83mg/L.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 05:35 horas da madrugada deste mércores e ata o lugar desprazáronse os axentes do Grupo Operativo Nocturno. Unha vez alí, os axentes comprobaron que un vehículo que circulaba por esa vía chocara contra o primeiro dos automóbiles estacionados en liña á beira dereita.

Así, o impacto contra o primeiro coche aparcado causou unha colisión en cadea na que se viron afectados catro vehículos que estaban estacionados na vía. Este feito, segundo os axentes, ofreceu un claro indicio da velocidade á que circulaba o turismo e a violencia do impacto. Ademais, o condutor foi sometido ás probas de alcoholemia regulamentarias, de arroxouna un resultado positivo.

Ante isto, os axentes instruíron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

OUTROS SUCESOS

Por outra banda, os axentes identificaron, ás 04:55 horas deste mércores, a unha muller que miccionaba na vía pública. No que respecta á xornada deste pasado martes, os axentes realizaron varios filtros de seguridade viaria en distintos puntos da cidade, deles resultaron un condutor que circulaba sen ITV e que tras ser sometido ás probas regulamentarias arroxou un resultado positivo en cocaína; seis vehículos que circulaban sen ser sometidos á inspección técnica periódica (ITV) no prazo regulamentario; un vehículo que circulaba a pesa de haber resultado desfavorable na ITV; catro condutores que non levaban o cinto de seguridade; dous vehículos que circulaban sen seguro obrigatorio; un condutor que tiña caducado o seu permiso de conducir; e dous vehículos que foron inmobilizados no depósito municipal.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...