InicioPolíticaRueda apoia a Candia en Lugo: "É unha candidata rompedora"

Rueda apoia a Candia en Lugo: “É unha candidata rompedora”

Un plan de turismo desestacionalizado, crear unha marca turística propia e un consercio de dinamización do centro histórico: propostas para Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder do PP galego, Alfonso Rueda, elixiu Lugo para arrincar a campaña electoral e arroupar a “unha candidata rompedora” que “non se engurra“, como se referiu a Elena Candia, para a que pediu “moitos apoios”, á vez que deu por feito que será alcaldesa tras as eleccións municipais do 28 de maio.

Así o trasladou nun almorzo informativo celebrado no Hotel Torre de Núñez, ao que asistiron representantes do sector turístico, ante os que ratificou que se espera “un verán espectacular” para o sector e, en termos globais, “un ano espectacular”.

“Estabamos a ver cifras de visitantes e prognósticos que non esperabamos tan bos”, esgrimiu, antes de subliñar que se trata dunha boa vía de recuperación se se sabe “facer con sentido, que tamén é moi importante, sen volverse tolo” nin “obsesionarse coas cifras e nada máis”. Tras a pegada de carteis en Santiago e na xornada na que cumpre un ano desde a súa investidura como presidente da Xunta, Rueda celebrou poder arrincar en Lugo o ‘sprint’ final da carreira cara ás urnas.

CANDIA: PUNTA DE LANZA DO TURISMO DO NOROESTE

Pola súa banda, a candidata iniciou a súa intervención agradecendo aos empresarios da hostalaría e do turismo que “sexan a mellor imaxe e, ás veces, a única imaxe que reciben os turistas”, lamentando que a política turística do actual goberno “non estea á altura do que se merece o municipio”.

En fronte, reivindicou que quere un Lugo que sexa “punta de lanza do turismo do noroeste” e anunciou que, se goberna, impulsará un plan de dinamización económico, así como a creación dun consorcio de dinamización do centro histórico con orzamento, que traballe en colaboración con todas as administracións para lograr que sexa o cuarto Patrimonio Mundial.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...