InicioSucesosLiberdade con medida de afastamento para o home detido por abusar e...

Liberdade con medida de afastamento para o home detido por abusar e agredir sexualmente á súa neta

O home estaba sendo investigado por delitos continuados de abuso e agresión sexual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou a posta en liberdade do home detido o mércores por supostamente agredir e abusar sexualmente da súa neta, menor de idade. Con todo, o xuíz impúxolle unha prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademais, o responsable do Xulgado de Instrución 1 de Lugo, en funcións de garda, confirmou a súa condición de investigado por delitos continuados de abuso e agresión sexual, así como por outro ilícito de provocación sexual. O home pasou a noite do mércores nas dependencias da Comisaría Provincial.

Na investigación dos feitos, dos que non transcenderon máis detalles, interviñeron efectivos da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) de Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...