InicioSucesosInterceptado a 116 km/h nunha vía limitada a 50 km/h en Lugo

Interceptado a 116 km/h nunha vía limitada a 50 km/h en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron a un condutor, que foi denunciado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao dobrar a velocidade máxima permitida nunha das rúas da cidade.

Os feitos ocorreron na Estrada Vella de Santiago, onde se interceptou a un condutor que circulaba a 116 km/h nunha zona limitada a 50 km/h. O condutor foi identificado e instruíronse dilixencias para un xuízo rápido.

Por outra banda, foi interceptado outro vehículo na Rolda da Muralla cuxo condutor circulaba sen ter o permiso en vigor, por perda total dos puntos asignados. Instruíuse denuncia por un suposto delito contra a seguridade viaria e inmobilizouse o coche.

A Policía Local informou tamén de varias denuncias por circular baixo os efectos do alcol. Unha delas tramitouse contra un condutor que circulaba pola Rolda de Fontiñas e que deu resultado positivo de 0,43 mg/l no test de alcoholemia; e na rúa Paula Fabio Máximo foi sorprendido un condutor circulando cunha positiva de 0,31 mg/l.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...