InicioPolíticaPedro Sánchez participará o mércores nun acto de precampaña en Lugo

Pedro Sánchez participará o mércores nun acto de precampaña en Lugo

A súa presenza na capital lucense foi confirmada este domingo polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno e líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, participará este mércores en Lugo nun acto de precampaña dos socialistas previsto ás 18,30 horas na Praza de Santa María.

A súa presenza na capital lucense foi confirmada este domingo polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en declaracións aos medios antes da presentación da candidatura de Bernardo Fernández á alcaldía do municipio coruñés de Pontedeume.

Así, esta será a segunda visita de Pedro Sánchez a Galicia durante esta precampaña, tras participar o pasado 28 de abril nun acto na Coruña de apoio á aspirante do PSOE á alcaldía da cidade herculina, Inés Rei.

Ademais, o líder dos socialistas galegos avanzou que outros ministros visitarán en próximas datas a comunidade galega, despois de que este fin de semana a ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, arroupase a diferentes candidatos locais do PSOE, do mesmo xeito que o venres o ministro de Exteriores, José Manuel Albares.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...