InicioEconomíaLugo acollerá unha das poxas de madeira "máis importante dos últimos anos"

Lugo acollerá unha das poxas de madeira “máis importante dos últimos anos”

Trátase de 89 lotes de madeira por 4,5 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá o próximo 21 de xuño unha poxa de 89 lotes de madeira por importe de 4,5 millóns de euros que proceden de montes veciñais en man común ou de convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a resolución da Consellería do Medio Rural que convoca esta poxa, que terá lugar en formato electrónico na Xefatura Territorial da Xunta en Lugo.

Segundo a Xunta, trátase “dunha das máis importantes” poxas dos últimos anos con lotes que superan os 185.000 metros cúbicos de madeira de coníferas –83% de piñeiro insigne, 13% de piñeiro do país e o resto de piñeiro silvestre–.

Tamén sairá a poxa “unha pequena partida” de eucaplito, como resalta a Consellería do Medio Rural, que aclara que son todos lotes de madeira verde que se poñen á venda polo sistema de risco e ventura.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...