InicioSociedadeAberto o prazo de candidaturas aos premios da Deputación de Lugo a...

Aberto o prazo de candidaturas aos premios da Deputación de Lugo a excelencia de turismo e gastronomía

Os interesados poden presentar as súas candidaturas a partir deste mércores e ata o día 31 de xullo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) publicou este martes a convocatoria e as bases da cuarta edición dos premios ‘Lugo Cambia ao Turismo Lucense’, ‘…E para comer’, ‘Lugo á Gastronomía Lucense’ e ‘Turismo Sostible’, co obxectivo de recoñecer a excelencia do turismo e da gastronomía da provincia.

Segundo trasladou a Deputación de Lugo nun comunicado, os interesados poden presentar as súas candidaturas a partir deste mércores e ata o día 31 de xullo na sede electrónica da institución. Así, poden presentarse persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional que destaquen nalgunha do tres modalidades e teñan repercusión positiva no turismo ou na gastronomía a nivel provincial ou unha zona específica.

Deste xeito, as candidaturas poderán formularse a título individual ou por unha terceira persoa se conta co consentimento expreso da persoa candidata. O xurado estará composto polos representantes do Consello Provincial de Turismo. Así, na valoración das candidaturas terase en conta a achega da iniciativa ao desenvolvemento turístico, a singularidade da proposta e a repercusión positiva sobre a imaxe de Lugo.

Os galardóns, de carácter honorífico, que serán entregados o 27 de setembro nun acto público coincidindo co Día Mundial do Turismo, teñen como finalidade “apoiar, pór en valor e dar visibilidade ao traballo e a calidade do sector turístico e hostaleiro da provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...