InicioEconomíaLugo permitirá  desenvolver 915.000 m2 de chan urbanizable no rural co...

Lugo permitirá  desenvolver 915.000 m2 de chan urbanizable no rural co novo PXOM

Lara Méndez di que "é un fito para o crecemento racional e sustentable".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Lugo deu este mércores o visto e prace ao proxecto de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tras incorporar a documentación justificativa do cumprimento dos condicionantes aos que a Consellería de Medio Ambiente supeditaba a súa valoración favorable ao texto.

Así, deuse cumprimento ás especificidades do informe autonómico emitido o pasado mes de setembro, explica o Concello, finalizando así a ordenación urbanística da totalidade do ámbito territorial de Lugo que non fora obxecto de aprobación en 2011 e para cuxa entrada en vigor agora só resta a aprobación no pleno e a posterior publicación e remisión á Xunta, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

“É, sen ningún tipo de dúbidas, un fito para o crecemento racional e sustentable do municipio, que permitirá o desenvolvemento de todo ese chan que arrastraba máis dunha década de incertezas administrativas, freando o aproveitamento do territorio, dunha forma moi significativa no ámbito rural, pero tamén coartando a súa expansión industrial”, sinalou.

A rexedora lembrou que as zonas afectadas pola parte aínda inconclusa do plan ascendían a un total de 70 núcleos rurais das parroquias (21) de Teixeiro, Mazoi, Santa María de Muxa, San Salvador de Muxa, San Pedro de Muxa, Tirimol, Ombreiro, Vilachá de Mera, Adai, Pedreda, Santa María de Bóveda, Alta, Alto, Piúgos, Esperante, San André de Castro, Coeo, Coeses, Lamas, Mera e Piñeiro.

“Esta aprobación permitirá, só no rural, o desenvolvemento de 915.000 metros cadrados de chan urbanizable delimitado e doutros 985.000 m2 de chan urbanizable delimitado periurbano cunha capacidade residencial 7.750 vivendas, das que un 35 por cento serán públicas.

Á marxe, posibilitará a transformación de 1.364.000 m2 máis de chan urbanizable para a implantación de actividades económicas. “Será, por tanto, un revulsivo para o tecido produtivo local, que reactivará sectores vinculados á construción, pero tamén permitirá a moitas empresas asentarse e ampliar as súas instalacións e a moitas familias atopar postos de traballo e un lugar adecuado para establecerse”, manifestou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...