Home Lugo e contorna Lugo Resulta ferido con cortes tras roubar nun comercio de Lugo

Resulta ferido con cortes tras roubar nun comercio de Lugo

0
Resulta ferido con cortes tras roubar nun comercio de Lugo
Vehículo da Policía durante un operativo / Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun roubo con forza cometido nas últimas horas nun establecemento comercial da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, o 091 recibiu un aviso despois de que saltase a alarma nun comercio da rúa Río Narla. Unha vez no lugar, os axentes foron informados por unha testemuña que presenciara o roubo e que lles achegou unha descrición exhaustiva do sospeitoso. Con eses datos, a Policía puido localizar ao presunto ladrón no barrio Feijóo.

O home presentaba cortes e feridas as mans, e cando foi cacheado a Policía atopoulle varios billetes e moedas. Por estes feitos, procedeuse á súa detención como presunto autor dun delito de roubo con forza, e ao seu traslado ao Hospital Lucus Augusti para ser tratado das súas feridas, antes de ser levado ás instalacións da Policía.

+ posts