InicioPolíticaRueda di que Candia "será unha magnífica alcaldesa" e reivindica a súa...

Rueda di que Candia “será unha magnífica alcaldesa” e reivindica a súa “enerxía” e “ganas de escoitar”

O líder do PP galego avisa: "Equivócase quen demoniza aos empresarios"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O líder do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou a valía de Elena Candia, da que augurou que será “unha magnífica alcaldesa” porque “reúne todos os ingredientes do que fai falta en Lugo”. Pola súa banda, a candidata proclamou, nun almorzo con empresarios, que quere unha cidade “economicamente dinámica” e avanzou que se goberna impulsará a tramitación dun novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM).

Rueda encargouse de presentar a Candia nun acto con case 250 empresarios lucenses, no que a candidata manifestou que, baixo o seu punto de vista, é preciso que o Concello “sexa un aliado” para que tanto emprendedores como investidores empresariais e industriais atopen “facilidades e axilidade” á hora de axilizar os seus proxectos.

Ás portas das eleccións municipais do 28 de maio, Candia subliñou que, dentro do bloque de medidas do Lugo como “motor da provincia” teñen “un papel prioritario” as accións encamiñadas ao impulso do tecido empresarial e o emprego no marco dun desenvolvemento sustentable.

“Non se se o barrio multiecológico abordará de forma decisiva o cambio climático, pero o que teño claro é que desde os municipios temos a capacidade de dotar auga limpa e saneamento, obxectivo seis dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS); contribuír a un traballo decente e crecemento económico (obxectivo oito); ou o obxectivo nove dos ODS relativo á industria, innovación e infraestrutura”, explicou.

A candidata propón crear un equipo técnico municipal para asesorar e acompañar aos promotores de calquera proxecto que teña interese en asentarse no municipio de Lugo, xa que os emprendedores –recalcou– necesitan de “seguridade xurídica, certezas e axilidade burocrática para que un territorio resulte atractiva”.

Esta nova estrutura de expertos en rehabilitación, xestión de licenzas e resolución de actividades económicas é “clave” para “desbloquear tranmitacions” e “contribuirá á dinamización económica” do municipio, de forma que tamén “reverterá na xeración de emprego”.

As funcións deste equipo serán, anticipou, “desbloquear” as licenzas, o 5% da PXOM, a tramitación dun novo plan xeral, a actualización do Perpi, impulsar unha ordenanza de simplificación administrativa e reactivación económica, ou aplicar as Eccom (Entidades de certificación de conformidade municipal) para axilizar licenzas e actividades.

BAIXADA DE IMPOSTOS

Candia tamén avanzou a intención de crear axudas para incentivar a contratación, como poderían ser bonificacións de ata o 95% das taxas municipais para apoiar ao tecido empresarial que cre ou manteña os postos de traballo.

Igualmente, sinalou que rebaixará impostos como o ICIO e o IBI, e suprimirá a plusvalía, e avanzou que se bonificará ou exonerará de impostos municipais ás entidades con proxectos de carácter social.

A candidata tamén incidiu no impulso ao sector primario, e puxo o foco na necesidade dunhas infraestruturas “adecuadas” enumerando aquelas “irrenunciables”: como o corredor de mercadorías, a restitución das frecuencias de trens suprimidas por mor da pandemia, e que se executen a totalidade das obras anunciadas en 2018 que conectarían Lugo con Ourense.

“UNHA MAGNÍFICA ALCALDESA”

Pola súa banda, Rueda reivindicou as “ganas, motivación, enerxía e habilidade para escoitar”, ademais da “experiencia”, de Candia, á vez que citou a implicación da candidata en cuestións crave como a planificación da Rolda Este, a expansión do polígono das gándaras ou a chegada dos fondos europeos Next Generation.

“Será unha magnífica alcaldesa”, sentenciou, antes de resaltar a importancia de apoiar ao tecido empresarial e económico como “creadores de emprego e xeradores dos recursos necesarios” para que as administracións “poidan multiplicalos”.

“Equivócase quen demoniza aos empresarios e quen lles bota a culpa cada vez que hai un problema. Non serve de nada prometer grandes reformas sen consensos, nin expor formulacións inamovibles sen escoitar a quen ten algo que dicir”, resolveu.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...