InicioSucesosDetido un sexagenario en Pedrafita con medio quilo de haxix

Detido un sexagenario en Pedrafita con medio quilo de haxix

Tamén foi identificada unha muller por romper a fiestra dun coche cun tronco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron este fin de semana a un home de 63 anos de idade, veciño de Olot (Girona), como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos ocorreron durante un control na estrada N-V, á altura de Pedrafita, cando os axentes deron o alto a un condutor.

Os gardas comprobaron que o home portaba unha sustancia marrón, que resultou ser haxix, e que arroxou un peso de case medio quilo. Por estes feitos foi detido como presunto autor dun delito de tráfico de drogas e, xunto ás dilixencias practicadas, foi posto a disposición do xulgado de instrución de Becerreá.

Por outra banda, a Garda Civil tamén informou da identificación e investigación dunha veciña de Sarria, de 45 anos de idade, como presunta autora dun delito de danos nun turismo. Así, a muller supostamente tirou varios troncos de madeira sobre a lúa dianteira dun vehículo, fracturándoa. Por iso, tramitáronse dilixencias de denuncia, que foron remitidas ao xulgado de instrución de Sarria.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...