InicioSociedadeUn camioneiro gravado co móbil ao adiantar en liña continua enfróntase a...

Un camioneiro gravado co móbil ao adiantar en liña continua enfróntase a 24 meses de cárcere en Lugo

Fixoun adiantamento en liña continua, obrigando a varios vehículos a botarse á beiravía para evitar unha colisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor de camión enfróntase a 24 meses de cárcere e perda do permiso de circulación durante catro anos por un delito de condución temeraria. Foi gravado cando non respectaba a distancia de seguridade e fixo, posteriormente, un adiantamento en liña continua, obrigando a varios vehículos a botarse á beiravía para evitar unha colisión. O xuízo terá lugar no Xulgado

Segundo figura no escrito do Ministerio Fiscal, o acusado, sen antecedentes, é empregado dunha empresa relacionada con peixes e conducía, na tarde do 7 de agosto de 2019, un camión propiedade da entidade pola estrada LU-540.

En torno ao quilómetro 21 desa carretara, sobre as 19,50 horas, o camión conducido polo acusado alcanzou o vehículo no que viaxaba outra persoa en compañía da súa filla e colocouse ” xusto detrás, sen respectar ningún tipo de distancia de seguridade, coa evidente intención de adiantalo rapidamente”.

Así, segundo recolle o escrito fiscal, a distancia de seguridade á cal conducía o camión “era totalmente insuficiente”, ocasionando que as persoas que ían no vehículo de diante tivesen “un enorme temor a sufrir un accidente, razón pola cal decidiron gravar co seu teléfono móbil un vídeo do que estaba sucendiendo”.

Ao chegar á altura de Mosende, nun tramo de recta con limitación a 50 km/hora e liña continua separando os dous sentidos de circulación, o acusado adiantou ao vehículo no que se gravaban as imaxes. Como viñan dous vehículos de fronte, esta manobra obrigou tanto ao coche que ía diante como aos outros dous que circulaban en sentido contrario a “desviarse á beiravía para evitar unha colisión entre todos eles”.

A Fiscalía sostén que son feitos constitutivos dun delito de condución temeraria e que procede impor ao acusado unha pena de 24 meses de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio de dereito de sufraxio pasivo e catro anos de privación de dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores, perda de vixencia do permiso de conducir e as costas.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...