InicioCulturaO mural de Xulio César será protagonista dun selo de Correos

O mural de Xulio César será protagonista dun selo de Correos

O artista lucense Diego As mostra a súa sorpresa despois de que Correos anunciara unha tirada de selos cun dos seus murais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O artista urbano lucense Diego As non ocultou este martes a súa “sorpresa” despois de que Correos anunciase que vai emitir unha tirada de selos co mural de Xulio César que elaborou na Rolda da Muralla da cidade de Lugo, que o ano pasado foi recoñecido como o mellor grafiti do mundo.

Neste sentido, Diego As asegurou que a noticia lle supuxo unha “sorpresa enorme, porque era o último que podía esperar, que Corroes se fixara nese mural e o metera nunha edición de arte urbana“. Tamén confesou que se “alegra” pola cidade de Lugo, dado que unha parte da urbe “aparecerá no selo”.

O pintor lucense atópase estes días descansando precisamente alí, despois de traballar en Caravaca de la Cruz, en Murcia, e tamén en Alacante. “Agora nótoo, que necesito unha época para estar tranquilo, de gozar en grao sumo simple e pouco máis”, engadiu.

Atrás quedan outros proxectos exitosos, como o mural sobre o Belén de Begonte ou o debuxo que se atopa na entrada da comandancia da Garda Civil da cidade de Lugo, ademais doutro en Sarria. Diego As avanzou que para este 2023 vai “seleccionar máis e a estar máis tranquilo”. Aínda así, ten en mente tres proxectos para este ano, “dous fora de Galicia e un en Galicia”.

En canto á tirada de selos coa imaxe do Xulio César, dixo que descoñece cantos se editarán, aínda que si puntualizou que se trata de “unha boa tirada”.

ÚLTIMAS

Morre un traballador en Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada

Un home faleceu no mediodía deste venres no municipio lugués de Baleira ao sufrir unha...

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...