InicioSociedadeUGT denuncia o "colapso" da Atención Primaria ante a "falta de persoal"

UGT denuncia o “colapso” da Atención Primaria ante a “falta de persoal”

Deixou a porta aberta á convocatoria doutra manifestación a favor da sanidade pública

PUBLICADA O

- Advertisement -

UGT-Lugo denunciou este luns que “practicamente todos” os centros de Atención Primaria da provincia están “colapsados”, con “falta de persoal” ante a “mala xestión” dos servizos sanitarios públicos.

Así o sinalou o secretario da Federación de Servizos Públicos de UGT en Lugo, Eliseo Rivas, quen lamentou que a Atención Primaria “segue cos males de sempre”.

Rivas non dubidou en afirmar que está “colapsada, con sobrecargas de traballo, faltas de substitucións, falta de persoal, e a mala xestión deixa en evidencia cal é a situación”. “Non só denunciámolo as organizacións sindicais, é unha situación denunciada publicamente polos cidadáns e polos colexios profesionais“, advertiu.

Eliseo Rivas cualificou de “lamentable” como se está xestionando a sanidade en Galicia, deixando a porta aberta á convocatoria doutra gran manifestación a favor da Sanidade pública.

No entanto sobre esa gran mobilización puntualizou que é un tema “que se ten que estudar, foi un éxito total e rotundo sempre que que se puxo de manifesto o rexeitamento á política sanitaria da Xunta de Galicia“, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...