InicioSucesosDetido tras agredir a un home cunha arma branca nun bar de...

Detido tras agredir a un home cunha arma branca nun bar de Riotorto

O suceso ocorreu durante unha pelexa de ambos nun bar de Riotorto

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 22 anos foi detido pola Garda Civil como presunto responsable dunha agresión cometida contra outro home que denunciou ser vítima dun ataque con arma branca durante unha pelexa iniciada nun local de lecer nocturno de Riotorto.

O suceso tivo lugar na madrugada do pasado 11 de febreiro nun bar de Riotorto, onde os implicados protagonizaron unha liorta, segundo confirmaron fontes do Instituto Armado.

A detención produciuse por mor da denuncia presentada en depedencias da Garda Civil pola vítima, que sufriu feridas nun costado polas que tivo que recibir tres puntos de sutura, como figura nun parte médico.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...