InicioLugo e contornaEsquerda Unida e Podemos debaten aínda se irán xuntos ás municipais

Esquerda Unida e Podemos debaten aínda se irán xuntos ás municipais

Podemos e Esquerda Unida non acaban de poñerse de acordo en varios concellos a pesar de que forman parte da coalición Unidas Podemos en Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esquerda Unida e Podemos decidirán a finais deste mes de febreiro se presentarán unha lista conxunta nas eleccións municipais do 28 de maio na cidade de Lugo.

Así o manifestou a candidata de Esquerda Unida, María Jesús Rodríguez, que constatou que “de momento” só pode confirmar que mantiveron reunións. “Estamos a manter conversacións as dúas forzas políticas, pero non hai nada establecido nin asinado”, revelou.

Con todo, Rodríguez expuxo que “hai unha boa sintonía en moitas cousas” e sinalou que co “esforzo das dúas partes” é posible que cheguen a un acordo. “Temos que acabar de falar e ver cales son os puntos para poder materializar algo, para unir a toda a esquerda”, salientou.

Neste sentido, afirmou que se deben dialogar “unhas liñas marcadas e uns contidos ideolóxicos” que porán “enriba da mesa” para “acordar”. A candidata de EU deixou claro que  “cara a finais deste mes” terán “unha decisión adoptada”.

Pola súa banda, fontes de Podemos desvelaron que esta semana haberá unha reunión entre ambas as forzas políticas, deixando entrever que desde Esquerda Unida non se quere “pactar nada”. Estas mesmas fontes da formación morada deducen que “non queren ir en coalición e queren ir sós” aos próximos comicios locais.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....