InicioCulturaQueda pouco para que o 'Arde Lucus' sexa de interese turístico internacional

Queda pouco para que o ‘Arde Lucus’ sexa de interese turístico internacional

Así o avanzou a secretaria de Estado de Turismo .

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Estado de Turismo, Rosana Murillo, manifestou que en breve se realizará a resolución por parte do Ministerio sobre a petición para que o ‘Arde Lucus’ sexa declarada festa de interese turístico internacional. “Axudará moito á visibilidade desta festa”, considerou nunha visita á cidade de Lugo.

Nela, destacou as iniciativas nesta urbe e a súa provincia para apostar por “un turismo sustentable e de experiencias” e, en particular, resaltou as propostas vinculadas á gastronomía. En particular, fixo referencia ao proxecto municipal para transformar a Fábrica da Luz nun centro de enogastronomía na ribeira do Miño.

Así se abordou nun encontro coa alcaldesa, Lara Méndez, coa o que analizaron o impacto dos plans de sustentabilidade turística na cidade. No encontro, tamén se abordaron as axudas para a rehabilitación de Patrimonio Cultural (BIC), unha convocatoria na que o Concello de Lugo poderá solicitar ata tres millóns de euros para financiar a creación do Museo da Romanización no cuartel de San Fernando.

INICIATIVAS NA PROVINCIA

Tamén nesta xornada a secretaria de Estado de Turismo e o delegado do Goberno trasladaron aos concellos da provincia as novas oportunidades e investimentos do Executivo central para impulsar o turismo sustentable. O encontro tivo lugar na Deputación de Lugo e contou tamén coa participación do presidente provincial, José Tomé, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Rosana Morillo e José Miñones animaron aos alcaldes e alcaldesas a solicitar financiamento para os seus proxectos na nova convocatoria de Plans de Sustentabilidade Turística, que está aberta ata o 6 de marzo a través do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, cun orzamento de 478 millóns do Plan de Recuperación do Goberno.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...