InicioSucesosDetención de sete persoas por unha pelexa rexistrada en Lugo en Fin...

Detención de sete persoas por unha pelexa rexistrada en Lugo en Fin de Ano cun ferido grave

Segundo informa o corpo policial, os feitos foron denunciados o 1 de xaneiro, despois de producirse unha pelexa na saída dun local de lecer, cando os detidos supostamente agrediron ás vítimas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da comisaría de Lugo detiveron a sete novos da cidade por unha pelexa multitudinaria que se produciu nas primeiras horas do 1 de xaneiro.

Segundo informa o corpo policial nunha nota de prensa, os feitos foron denunciados o 1 de xaneiro, despois de producirse unha pelexa na saída dun local de lecer, cando os detidos supostamente agrediron ás vítimas.

Entre os denunciantes, constatáronse lesións leves de diversa consideración, pero tamén houbo un ferido máis grave, coa mandíbula fracturada.

Tras a investigación, concluíuse que, despois do peche do local, “os agora detidos buscaron o enfrontamento cun dos grupos de persoas que saían do interior do local, tras finalizar a festa de fin de ano”.

Despois, segundo o relato policial, “agredíronos e provocaron a perda de coñecemento dun deles, á vez que a un fracturóuselle a mandíbula”. Como consecuencia da agresión, o mozo tivo que ser tratado de urxencia no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...