InicioSucesosCondutores sen carné, que cuatriplican a taxa de alcoholemia ou que carecen...

Condutores sen carné, que cuatriplican a taxa de alcoholemia ou que carecen de seguro: algunhas das infraccións deste fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Local de Lugo identificou este fin de semana a “circulación irregular” dun condutor que, ao ser identificado, comprobouse que carecía de permiso de condución, por mor de ser interceptado en tres ocasións durante os dous últimos anos circulando con altas taxas de alcol.

Este individuo foi detectado pola Policía lucense que, este fin de semana, intensificou os controis en seguridade viaria co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados.

As autoridades explican como, tras presenciar manobras irregulares dun condutor na Estrada da Granxa, procedeuse á súa identificación. Nese instante, a Policía deuse conta de que esta persoa non tiña carné de conducir por resolución xudicial.

Unha vez obtida a identidade do piloto, tamén descubriron que era reincidente, pois foi interceptado en dúas ocasións no mes de xullo do 2022 dando positivo en probas de detención alcohólica, así como en agosto do ano 2021, data na que foi sorprendido conducindo con altas taxas de alcol.

Así mesmo, inmobilizouse o vehículo en cuestión, trasladándoo á Unidade de Ateigados do Corpo, onde se instruíron, ao acusado, dilixencias por delito contra a seguridade viaria en modalidade de xuízo rápido.

CONTROIS DE ALCOHOLEMIA EN LUGO

Nos controis realizados na rúa Dinánun condutor case cuadriplica a taxa de alcol permitida cun resultado positivo de 0,94 mg/l en aire respirado, polo que se enfronta a un delito contra a seguridade viaria. Ademais, estes controis tamén descubriron a outros dous condutores excedendo o límite de alcol establecido.

Así mesmo, o corpo policial deu o alto a un vehículo cuxo condutor circulaba pola rúa San Roque con signos de embriaguez. Ao ser sometido á proba de alcoholemia deu un resultado positivo de 0,47 mg/l, o que lle supón unha multa de 500 euros e a retirada de catro puntos do carné de conducir. Na rúa Vázquez Queipo deuse unha situación idéntica, cun resultado neste caso de 0,42 mg/l en aire expirado.

Por outra banda, no transcurso destes controis detectáronse dous automóbiles que carecían de seguro, o que supón un expediente sancionador de 1.500 euros para os propietarios, e cinco coa ITV caducada, sendo multados os titulares destes con 200 euros.

INSPECCIÓNS DE LOCAIS DE HOSTALARÍA

A Policía Local de Lugo tamén reportou o levantamento dunha acta de denuncia por “infracción á normativa de Espectáculos Públicos de Galicia” ao propietario dun local situado na rúa Illas Cíes.

Ao parecer, o establecemento funcionaba con reprodución de música, vía ‘bluetooth’, a través dun altofalante vertical. Segundo as autoridades a instalación de aparellos reprodutores estaría prohibida para este negocio, que pertence á categoría I.

ÚLTIMAS

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...

Tatiana Badiola, a moza que visibiliza o ELA cun videoclip e a axuda da IA

Tatiana Badiola Penas ten 32 anos e aínda que orixinaria de Cataluña, pasou a infancia...

O Concello de Lugo determina que “non existiu acoso” por parte da concelleira de Cohesión Social cara as traballadoras

O Concello de Lugo determinou que "non existiu acoso laboral" por parte da concelleira...