InicioSociedadeUXT alerta de que a atención primaria na provincia de Lugo atópase...

UXT alerta de que a atención primaria na provincia de Lugo atópase “na UCI”

Tamén denuncia que "é inaceptable" que o Sergas pretenda que o persoal administrativo asuma competencias que non lles corresponden

PUBLICADA O

- Advertisement -

UXT alerta de que a atención primaria na provincia de Lugo atópase “na UCI”, con problemas que na Mariña, a montaña e mesmo na cidade, onde é unha “constante” que a PAC de Fingoi estea “colapsado”.

O secretario da Federación de Servizos da UXT en Lugo, Elíseo Rivas, debullou un “problema de falta de facultativos”, pois “xa non é que non se substitúan, senón que hai localidades onde practicamente van un día á semana ou dúas”.

Tamén denuncia que “é inaceptable” que o Sergas pretenda que o persoal administrativo asuma competencias que non lles corresponden, “facendo unha especie de triaxe”. “Ou que o persoal de enfermaría asuma a longo prazo competencias que non lle toca”, advertiu.

Así, diagnosticou que a atención primaria na provincia de Lugo está “claramente na UCI”. “Fai falta vontade política para que a Xunta poña os medios e os recursos económicos para facer atractivo que os médicos veñan á nosa provincia”. “Cada vez hai menos solicitudes para facer a especialidade en médicos de familia para vir a Galicia e Lugo”, sentenciou.

Estes “problemas” en atención primaria desembocan, segundo Rivas, en “máis presión asistencial, non só sobre as urxencias dos hospitais senón na PAC, e así a PAC de Fingoi está colapsado polas carencias de médicos nos centros de saúde da cidade”.

Unha situación de “colapso” da atención primaria en Lugo que levou a que a Plataforma Sanitaria da Mariña convocase unha manifestación para o 19 de xaneiro en Burela.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...