InicioDeportesO piloto Edu Iglesias sae do hospital sen estribeira e listo para...

O piloto Edu Iglesias sae do hospital sen estribeira e listo para recuperarse xa en Monforte

Tivo que ser operado para solucionar as súas fracturas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O traumatólogo deportivo Adrián Gallego Goyanes interviu ao tres veces participante do Rally Dakar, Edu Iglesias, dunha fractura nas dúas clavículas no Hospital Ribera Polusa de Lugo.

Iglesias sofre unha fractura desprazada cun terceiro fragmento da súa clavícula esquerda para a que o doutor Gallego realizou unha redución aberta e osteosíntese con placa reformada, logrando unha excelente redución da fractura e terceiro segmento.

Para a fractura da clavícula dereita sobre unha consolidación viciosa por fractura previa non intervida realizouse unha redución aberta e osteosíntese “a medida”, xa que non se dispón de placas preformadas para este caso. Desta forma, logrouse unha excelente redución da fractura.

“Tras boas sensacións cirúrxicas e esperando a correcta consolidación e evolución posoperatoria, ao intervir este tipo de fracturas logramos unha recuperación precoz“, explica o especialista en traumatoloxía deportiva.

Tras a intervención o paciente puido saír do hospital sen estribeira e con movementos controlados. “En canto se retiren as suturas poderá comezar con exercicios máis demandantes e nunhas semanas poderá volver á súa actividade normal“, destaca Gallego Goyanes.

O piloto, natural de Monforte, dispoñíase a desputar como piloto de motos o seu cuarto Rally Dakar consecutivo cando sufriu unha caída na etapa prólogo que se disputaba en Arabia Saudí. 

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...