InicioSucesosPrisión para o autor confeso do crime de Cristina Cabo

Prisión para o autor confeso do crime de Cristina Cabo

A titular do xulgado de instrución número uno de Lugo decretou este xoves prisión provisional comunicada e sen fianza para José V. S.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A titular do xulgado de instrución número un de Lugo decretou este xoves prisión provisional comunicada e sen fianza para José V. S., autor confeso do crime de Cristina Cabo, cuxo cadáver foi localizado o pasado domingo con signos de recibir múltiples coiteladas.

O home, de 32 anos e nacionalidade colombiana, foi detido o martes e pasou á primeira hora deste mesmo xoves a disposición xudicial.

Dende o xulgado foi trasladado á vivenda da vítima (á que coñeceu nun local de lecer nocturno na madrugada do sábado ao domingo) para a reconstrución dos feitos.

José V. S., quen confesou o crime en comisaría pero negouse a declarar ante a autoridade xudicial, permaneceu pouco tempo na vivenda da Rúa Quiroga. Foi nela na que se produciu o crime e onde o cadáver de Cristina Cabo foi achado no dormitorio.

Ata a vivenda da vítima desprazáronse varios veciños (un grupo de entre 30 e 40 persoas), dos que algúns portaban carteis con peticións de prisión permanente revisable.

Un mozo que tentou agredilo foi identificado e proposto para sanción por unha infracción á lei de seguridade cidadá.

Segundo transcendeu, durante o interrogatorio, o home, que levaba dous meses vivindo na cidade e tiña antecedentes por roubar un bolso, afirmou que tanto el como a vítima consumiran drogas, tratou de xustificar a brutalidade do crime (transcendeu que a muller recibiu unha vintena de coiteladas) aludindo a un momento de alleamento. O detonante sería que pediu diñeiro á vítima e ela non llo quixo dar.

Nun rexistro do domicilio do home foron achados varios efectos da vítima, incluído o seu computador portátil.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...