InicioLugo e contornaLugoAlerta sobre a situación ruinosa de "moitos" inmobles no centro histórico da...

Alerta sobre a situación ruinosa de “moitos” inmobles no centro histórico da cidade de Lugo

A asociación Lugo Monumental puxo o foco "nun inmoble apontoado que corta o paso dunha rúa desde fai quince anos, algo inaudito porque se sitúa entre a muralla e a catedral, ambos os patrimonios da Humanidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental alerta sobre a situación de “ruína” que presentan “moitos” edificios no centro histórico da cidade de Lugo.

Así o manifestou este xoves o presidente da asociación, Luís Latorre, que asegurou que é unha “situación alarmante”. “Temos edificios no centro histórico e fóra do centro, sobre todo na Milagrosa e no barrio Feijóo, con serias deficiencias”, ha aseeverado.

Temos media cidade que cae a pedazos, pero no centro histórico é máis rechamante porque é a zona máis visible da cidade. Hai pouco denunciouse o derrube dun tellado na Praza do Campo”, subliñou.

Latorre puxo o foco “nun inmoble apontoado que corta o paso dunha rúa desde fai quince anos, algo inaudito porque se sitúa entre a muralla e a catedral, ambos os patrimonios da Humanidade”.

“Hai situacións rechamantes, é alarmante. Estamos no centro histórico, que queremos que sexa tamén declarado Patrimonio da Humanidade”, remarcou.

O presidente de Lugo Monumental defendeu que é preciso “pedir que se aplique a lei” e, así, puntualizou que a normativa galega de rehabilitación permite que un edificio declarado en ruínas sexa expropiado polo concello pola metade do seu valor catastral.

Neste sentido, remarcou que se trata de “un prezo case simbólico” que permitiría contar con novos espazos para servizos municipais en lugar de “gastar millóns de euros en edificios novos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...