InicioBierzoOPINIÓN.- Leonesismo antiberciano

OPINIÓN.- Leonesismo antiberciano

De cando en vez o leonesismo político sorprende de novo cos seus ataques ideolóxicos. Nesta ocasión publicita nas redes un cartaz, divulgado en redes sociais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por Javier Lago Mestre, de O Bierzo Ceibe

Trátase dun mapa de España onde xorden dous xogos de garras que ameazan desde Castela e Galiza o seu país leonés. No seu correspondente texto lemos: “Gallegos y castellanos, quitad vuestras sucias garras del País leonés (novembro de 2002). Todo isto parece que vén a conto dunha carta ao director, publicada nun xornal coruñes. Neste escrito un lector pide un referéndum en El Bierzo para saber si quieren ser gallegos.

Todo isto demostra a mestura de temor e incompresión que hai en León sobre a problemática territorial do Bierzo. Así os primeiros debates descentralizadores no Bierzo foron atacados desde León. O partido Unión leonesista (UNLE) declarou que se trataba de “desmembrar la provincia de León en detrimento del leonesismo integrador” (1988). Neste contexto ben lembramos cando se aprobou a Lei rexional da Comarca do Bierzo (1991). O presidente da Deputación leonesa declarou que iso suporía “la traición a la provincia y de movimiento secesionista por parte de El Bierzo” (2002). A inclusión do concello de Palacios do Sil no Consello comarcal berciano provocou a repulsa dun membro da Academia da Lengua asturiana, “sueño paranoico del nacionalismo gallego de convertir El Bierzo en quinta provincia gallega” (2006).

Tamén o recoñecemento legal do idioma galego no Bierzo enfureceu aos leonesistas. En 1994, o presidente da Casa de León en Madrid, conde de Gaviria, dixo que “andan intentando separar El Bierzo de León”. Anos máis tarde, o secretario de Conceyu Xoven, aliado do partido, Unión del pueblo leonés, enchía os xornais de falsas declaraciois antibercianas contra o galego, “expansionismo galleguista” ou “obligatoriedad de la materia de gallego” (1999). Chegando este grupo político até o ponto extremo de criticar ao presidente do dito Consello comarcal por falar en galego nun acto público (2006).

Maís forte foi o caso doutro alto político da Unión del Pueblo leonés, Melchor Moreno, quen ameazou con loitar por eliminar o idioma galego da Lei orgánica que aprobou o Estatuto de autonomía de Castela e León. Incluso engadiu, nas súas declaraciois xornalísticas, que “el gallego no es una lengua propia de El Bierzo” (2005). Segundo este político, pretendía con todo elo defender os dialectos bercianos fronte ao idioma galego.

Os leonesismos político e cultural sempre trataron de atacar a lingua galega, como foránea á realidade cultural do Bierzo. Fronte a ela, propoñen os chamados dialectos leoneses, confusas falas concretadas no berciano, cabreirés, pachuezo, etc. Por iso, se hai que recoñecer o galego no Bierzo, para eles será mellor a denominación galegoleonés. A antropóloga Concha Casado Lobato defendía a variedade galegoleonesa, que non debería ser alterada pola normativización galegueira. Esta mestura de linguas veciñas responde a unha ideoloxía política e cultural fomentada desde máis aló dos porto de Foncebadón.

Os centros filóloxicos, academias lingüísticas e universidades consensúan o recoñecemento do idioma galego no Bierzo. Mais os partidos leonesistas van por outro vieiro ideolóxico. Hai que manter como sexa a unidade do presunto País leonés. Nada de perigosas segregaciois territoriais (¿provincia ou descentralización berciana?), nin de linguas foráneas que poidan esnaquizar máis a comunidade leonesa. Elaboran un discurso historiográfico que se fundamenta na idealización da vella unidade do reino medieval. Todo serve para esta nova linguaxe política que pretende o enfrontamento coas instituciois da Comunidade de Castela e León.

Un dos problemas do leonesismo político é O Bierzo. A única Comarca xurídica recoñecida, tanto polas Cortes rexionais coma polas Cortes estatais, mediante Lei orgánica. Territorio estremeiro que desexa máis descentralización fronte a Castela e León. Ademais, O Bierzo ten falantes galegos que reclamamos o recoñecemento de dereitos lingüísticos, individuais e colectivos. En fin, dúas cuestiois de difícil solución para os políticos de León e Castela, que non entenden ou non queren asimilar a pluralidade territorial e cultural. Hai unha estratexia política clarexa, profundar no uniformismo social para controlar mellor aos cidadáns.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo culpa á Xunta de “incumprir” o proceso de estabilización e esixe o fin da “temporalidade”

O pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou este martes unha moción do Grupo Provincial Socialista...

Adega denuncia que a captación de auga para Altri provocará “problemas de abastecemento”

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) censura a solicitude de captación...

Remite o temporal que deixa moita neve, inundacións e estradas cortadas en Lugo

Os efectos do temporal remitiron nas últimas horas en Galicia, cun descenso no volume de precipitacións...

A neve dificulta a circulación en Lugo e os camións non poden circular pola LU-633 en Pedrafita do Cebreiro

A caída de neve dificultou a circulación na provincia de Lugo e, en concreto,...