InicioLugo e contornaLugoLugo Monumental reclama que a USC reabra "de inmediato" o edificio do...

Lugo Monumental reclama que a USC reabra “de inmediato” o edificio do Vicerreitorado no centro da cidade

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, acusou ao Vicerreitorado do Campus de Lugo de "facer o contrario do que anunciou hai vinte anos cando instalaron ese edificio e onde se falaba da integración da universidade coa cidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental reclama á Universidade de Santiago de Compostela que reabra de “inmediato” o vicerreitorado no centro da cidade, no edificio que alberga a exposición permanente da Domus Mitreo, fronte á catedral e fronte á muralla de Lugo na Praza Pio XII.

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, acusou ao Vicerreitorado do Campus de Lugo de “facer o contrario do que anunciou hai vinte anos cando instalaron ese edificio e onde se falaba da integración da universidade coa cidade”. “Agora reverte iso e deixaron un edificio medio baleiro no centro histórico”.

Non acaba de entender que se xustifique o peche destas oficinas, que se trasladaron ao propio campus, “con que se van facer actividades culturais”, dado que, argumentou, o edificio “vai estar pechado”.

“Con que criterio lle dicimos á xente que hai que respectar o centro histórico e o patrimonio histórico, cando a administración máis cultural de todas deixa aos pés dos cabalos unha zona histórica, tendo un edificio que está fronte á muralla, Patrimonio da Humanidade, e da catedral, que tamén é Patrimonio da Humanidade?”, afeou.

Latorre advertiu que este peche prexudica ao centro da cidade, porque “aí é necesaria a actividade constante e non que poñan edificios moi bonitos pechados baixo sete chaves”.

O peche do edificio na Praza Pío XII levou tamén á candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, a expresar o seu rexeitamento a esta decisión. Para Candia isto supón “descapitalizar” o centro histórico, cando “este espazo ten que ser o motor económico da cidade”.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...