InicioSociedadeA nova glorieta da N-6 en Lugo, inaugurada 12 anos despois

A nova glorieta da N-6 en Lugo, inaugurada 12 anos despois

A alcaldesa afeou que o proxecto non tivese continuidade cos gobernos do PP en Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova glorieta que conecta a Nacional 6 (N-6) con Alfonso X o Sabio, unha conexión que chega tamén ao campus universitario, en Lugo, quedou inaugurada este venres, 12 anos despois de que se expuxese o proxecto.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o delegado do goberno, José Miñones, participaron na inauguración de dita rotonda que tivo un custo de medio millón de euros.

Lara Méndez puxo o acento que “se trata dun proxecto do ano 2010, un proxecto de cando gobernaba o PSOE en Madrid e entendeu esta necesidade, que é unha reclamación social para axilizar o tráfico e tamén para dar seguridade e comodidade” e que serve, á súa vez, para conectar “a contorna fluvial” do Miño coa cidade de Lugo.

E é que a alcaldesa afeou que o proxecto de glorieta non tivese continuidade cos gobernos do PP en Madrid.

ATA 20.000 VEHÍCULOS

“No Goberno estamos convencidos de que debemos de seguir facendo Lugo, temos que seguir sendo protagonistas do futuro de Lugo, do concello e da provincia, e desde o Goberno estamos a demostralo da mellor maneira posible que é con feitos”, reivindicou.

“Esta infraestrutura significa moito, porque significa tamén a colaboración de tres administracións; deputación, concello e o Goberno de España e todo en beneficio da cidadanía. É precisamente en Lugo onde o Goberno está a tratar de recuperar o tempo perdido“, remarcou.

Unha glorieta nun punto da Nacional 6, nunha zona onde diariamente se contabiliza unha circulación de “ata 20.000 vehículos”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...