InicioSociedadeAcepta dous anos de prisión tras recoñecer unha agresión sexual a unha...

Acepta dous anos de prisión tras recoñecer unha agresión sexual a unha muller en Lugo no 2019

O acordo estima unha responsabilidade civil para a vítima de 6.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo aceptou dous anos de prisión tras recoñecer a agresión sexual a unha muller en novembro de 2019. Este acordo de conformidade trasladouse este mércores á Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, onde se ía a celebrar o xuízo polo que nun principio a fiscalía pedía cinco anos de prisión.

Segundo o relato fiscal, os feitos ocorreron o 11 de novembro de 2019. Esa noite a vítima, xunto cunha amiga, estivo en varios locais de lecer da cidade. Sobre as 3,30 da madrugada, saíron do local e sentaron nun portal, onde se toparon co procesado en compañía de varios amigos.

A partir de aí, o acusado e a vítima desprazáronse ata a Praza Maior e, posteriormente nun portal da Praza Campo Castelo, “sen que conste o emprego de violencia ou intimidación e sen mediar consentimento dela, dado que tiña moi diminuída a súa capacidade volitiva e intelectiva, debido ao seu estado de intoxicación etílica”, o home “aproveitándose da súa situación”, mantivo unha relación sexual coa vítima.

O avogado do procesado, Javier Latorre, concretou que aceptando estes dous anos o seu cliente “evita a entrada en prisión”, pero critica que pasou uns meses en prisión provisional. Considera o acordo de conformidade un “arranxo xusto para ambas as partes”. O acordo estima unha responsabilidade civil para a vítima de 6.000 euros.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...